SEAT 124 Sport 1600

SEAT 124 Sport 1600

1972. Rally de Montecarlo e Vasco-Navarro. Estanislao volve participar en Montecarlo depués de 5 anos de ausencia. A pesar de realizar un excelente comezo de Rallye sendo o único español que non penaliza ao chegar a Mónaco, a sorte non lle acompaña no tramo de Le Burzet onde no cume hai unha tormenta de neve impresionante, o que fixo que encontrase gran cantidade de competidores o que ocasionou que perdese moito tempo, entrando 3 minutos por enriba do máximo permitido de penalización, quedando excluído do Rally.

CaracterísticasCaracterísticas

Motor

Situación: Dianteiro lonxitudinal
Tipo: 4 cilindros en liña, culata de aliaxe e bloque de fundición, cegoñal sobre 5 apoios e refrixeración líquida
Cilindrada : 1.608 cc
Diámetro x carreira : 80 x 80
Alimentación: Dous carburadores dobres invertidos Wéber 40 IDF
Potencia : 130 CV
Par máximo : 14 / 3.800
Relación de compresión: 9,8:1
Distribución: 2 árbores de levas en culata accionadas por correa dentada, 2 válvulas por cilindro

Transmisión

Tracción: Ás rodas traseiras
Caixa de cambios: Manual de 5 velocidades
Embrague: Monodisco en seco
Relacións: 1ª 3,67:1, 2ª2,10:1, 3ª 1,36:1, 4ª 1,00:1, 5ª 0,88:1
Grupo final: 4,30:1
Desenvolvementos : 1ª 6,8; 2ª 11,8; 3ª 18,2; 4ª 24,8; 5ª 28,2

Bastidor

Eixe dianteiro: Triángulos superpostos, resortes helicoidais, amortecedores telescópicos e barra estabilizadora
Eixe traseiro: Eixe ríxido guiado por dous brazos de pulo lonxitudinais, dúas bieletas de reacción e barra Panhard, resortes helicoidais e amortecedores telescópicos
Freos: Discos nas catro rodas e servofreo
Dirección: De parafuso morea e rolo
Neumáticos: 165 SR-13

Carrocería

Tipo: Centro de Estilo Fiat
Construción: Autoportante en aceiro
Número de prazas: 4
Depósito combustible : 40 L
Lonxitude / anchura / altura : 4120 / 1670 / 1340 mm
Batalla : 2420 mm
Vías do. / tras. : 1340/ 1310 mm
Peso : 995 Kg.

Datos de produción

Presentación: Salón de Barcelona de 1970
Época fabricación: 1971-1972

FotografíasGalería fotográfica

Amigos da Fundación

Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.

Entidades colaboradoras

  • Deputación de Ourense
  • Escudería Ourense
  • Real Federación Española de Automovilismo
  • Federación Galega de Automovilismo
  • La Región

Redes sociais

  • Ségenos en Facebook
  • Agregar a Twitter

Contacto

E-mailfundacion@estanislaoreverter.com

Doazóns á Fundación

Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.

Estanislao Reverter
Ir arriba

© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com