Museo Estanislao Reverter

Museo Estanislao Reverter

O Museo Estanislao Reverter inaugurouse o mércores 11 de Xuño de 2014 na Estación de Santa Cruz de Arrabaldo. Esta Estación forma parte do proxecto "Estacións Vivas" que promove o Inorde, organismo dependente da Deputación de Ourense, como forma de recuperar as vellas Estacións de Renfe rehabilitándoas e revalorizándoas con espazos expositivos como este. Comparte edifico co Museo do Traxe Folclórico de Galicia e o Museo do Liño.

O Museo recolle a traxectoria deportiva de Estanislao Reverter e nel expóñense parte dos fondos da Fundación Estanislao Reverter. Consta de dúas plantas.

Museo Estanislao Reverter

A planta superior é un percorrido pola vida deportiva de Lalao dende os seus inicios, no ano 1955, ata o seu último Rally en 1975 onde a través de fotos, trofeos, placas, regulamentos e rutómetros, rodas dos seus vehículos, a maqueta restaurada por Marcial López do Circuito do Noroeste e diverso material, se repasan os vinte anos en activo como piloto.

A planta baixa dedícase ás outras facetas de Lalao: creador do Rally de Ourense e fundador de Equipo Ourense, promotor de pilotos co seu equipo Reverter Competición e construtor do mítico Alpinche. Conta cun Goggomobil, trofeos, unha colección de coches en miniatura de parte de vehículos cos que correu Estanislao, cascos de diferentes épocas, revistas, libros, monos de competición e diversas distincións entre a que destaca a Medalla de Prata ao Mérito Deportivo e a distinción ao Mérito Constitucional. Tamén conta cun espazo para albergar ao mítico Alpinche unha vez sexa restaurado.

O Museo, á parte de exhibir unha parte dos fondos da Fundación Estanislao Reverter, conta con achegas de persoas e entidades que tiveron relación con Lalao: Beny Fernández, Pio Alonso, Pablo de Sousa, Carlos Reboredo, Vallejo Racing, Jorge Cachaldora, José Pavón, Iván Corral, Kit Car 43, Román Bueno, Luis Miguel Iglesias, Abilio Becedas e Equipo Ourense, que doaron ou cederon para a súa exposición diferentes obxectos.

Localización

Museo da Fundación Estanislao Reverter
Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense)
Nacional 120 - Saída: Km 582 Casardomato - Estación de Santa Cruz de Arrabaldo

HORARIO DE VISITA
Visitas en tempada Outono/Inverno previa cita mediante correo electónico a: fundacion@estanislaoreverter.com o no Facebook: Fundación Estanislao Reverter.

Mércores, xoves e venres: 17:00 a 20:00
Sábados e domingos: 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
Luns e martes: Pechado

Galería fotográfica

zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom

Fondo documental

Achegas

Achegas

Quen o desexe pode enviarnos material documental (jpg, pdf..) para publicar na páxina web.

Amigos da Fundación

Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.

Entidades colaboradoras

  • Deputación de Ourense
  • Escudería Ourense
  • Real Federación Española de Automovilismo
  • Federación Galega de Automovilismo
  • La Región

Redes sociais

  • Ségenos en Facebook
  • Agregar a Twitter

Contacto

E-mailfundacion@estanislaoreverter.com

Doazóns á Fundación

Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.

Estanislao Reverter
Ir arriba

© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com