Actividades

18-10-2017

Videoxogo Oficial Alpinche_vr

A Fundación Estanislao Reverter presenta o Videoxogo "Alpinche_VR". Este videoxogo recrea virtualmente o mítico vehículo Alpinchecreado por Estanislao Reverter, que unía a lixeireza dun Alpine coa poderosa mecánica Porsche; onde o xogador ten a oportunidade de correr no Circuíto do Noroeste, proxectado tamén por Estanislao Reverter a principios dos anos setenta, que aínda que desgraciadamente non se chegou a realizar, si o puidemos recrear virtualmente. Este proxecto foi desenvolvido pola empresa ourensá Spauria co apoio da Deputación de Ourense.

Estanislao Reverter foi un innovador e a Fundación Estanislao Reverter, cuxa finalidade principal é manter vivo o seu legado, tenta seguir o seu ronsel. O videoxogo Alpinche_VR pódese gozar en calquera PC, con sistema operativo Windows, en móbiles con sistema Android e conta cun mod para o simulador Assetto Corsa e nun futuro para Rfactor2.



Dispón de dous circuítos: "Circuíto do Noroeste" e "Estadio Reverter" e cinco seccións:
"Competicións", "Simulador PROL", "Vehículos", "Axustes" e "O Alpinche".

É a primeira vez que se lanza un videoxogo dedicado exclusivamente a un vehículo, onde ademais o xogador ten a oportunidade de correr en circuítos novos no mundo dixital e abre a posibilidade de recrear virtualmente outros míticos vehículos conducidos por Lalao para que compitan todos xuntos.

O xogo esta pensado para regalalo ás persoas que fagan unha doazón de 10 ? á Fundación Estanislao Reverter que serán destinados á restauración do auténtico ?Alpinche? que, co apoio de todos, está moi preto de ser unha realidade.

Como conseguir de agasallo o videoxogo ALPINCHE_VR?
Feixe unha doazón de 10,00 ? na conta da Fundación Estanislao Reverter ES16 0128 0130 7401 0002 5531 - BANKINTER, envíanos o xustificante bancario a fundacion@estanisloareverter.com e enviarémosche ao teu correo electrónico unha ligazón para que poidas descargar a túa Pack.
E lembra que coa túa doazón conseguiremos a restauración completa do Alpinche.

FotografíasGalería fotográfica

Actividades anteriores

02-07-2017

Poxa Solidaria das luvas de Cristian García

25-04-2017

Restauración dos amortiguadores orixinais dianteiros do Alpinche.

13-10-2016

Concentración de Mercedes en Santa Cruz

20-01-2016

¿Queres colaborar coa Fundación Estanislao Reverter na restauración do Alpinche?

28-06-2015

Os pilotos do Rallys de Ourense - Ourense Termal 2015 coa Fundación Estanislao Reverter.

Amigos da Fundación

Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.

Entidades colaboradoras

  • Deputación de Ourense
  • Escudería Ourense
  • Real Federación Española de Automovilismo
  • Federación Galega de Automovilismo
  • La Región

Redes sociais

  • Ségenos en Facebook
  • Agregar a Twitter

Contacto

E-mailfundacion@estanislaoreverter.com

Doazóns á Fundación

Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.

Estanislao Reverter
Ir arriba

© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com