Actividades

20-01-2016

¿Queres colaborar coa Fundación Estanislao Reverter na restauración do Alpinche?

Agora podes facelo mediante unha doazón que, ademais, ten importantes vantaxes fiscais: pódesche deducir na cota do IRPF ata o 75% do achegado. Se a túa doazón é superior a 50,00 ? a Fundación, en agradecemento, poñerá o teu nome no panel de doantes que será instalado no Museo Estanislao Reverter á beira do Alpinche unha vez sexa restaurado e na sección dedicada ao Alpinche da páxina web da nosa Fundación. Ademais, recibirás como lembro un adhesivo conmemorativo deseñado en exclusiva para os doantes, que enviaremos á dirección postal que nos indiques. Axúdanos a restaurar o Alpinche e entrarás a formar parte da historia do automobilismo e do renacer dunha lenda. Entra en www.estanislaoreverter.com e busca ao final da páxina o apartado dedicado ás doazóns. Envíanos os teus datos e dirección a fundación@estanislaoreverter.com para que podamos enviarche o teu adhesivo conmemorativo. Por favor, comparte esta información. Entre todos lograremos que este soño convértase nunha realidade.

Actividades anteriores

06-03-2020

Homenaxe a Beny Fernández e a Estanislao Reverter na Retro Galicia 2020

10-02-2019

MICHELIN cede os neumáticos para o Alpinche

14-12-2018

181/10000 Poxa Solidaria, a favor da restauración do Alpinche, das luvas de Sergio Vallejo cos que gañou o Rallye de Ourense de 2009, ano en que se proclamou Campión de España.

18-10-2017

Videoxogo Oficial Alpinche_vr

02-07-2017

Poxa Solidaria das luvas de Cristian García

Amigos da Fundación

Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.

Entidades colaboradoras

  • Deputación de Ourense
  • Escudería Ourense
  • Real Federación Española de Automovilismo
  • Federación Galega de Automovilismo
  • La Región

Redes sociais

  • Ségenos en Facebook
  • Agregar a Twitter

Contacto

E-mailfundacion@estanislaoreverter.com

Doazóns á Fundación

Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.

Estanislao Reverter
Ir arriba

© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com