Actividades

10-02-2019

MICHELIN cede os neumáticos para o Alpinche

MICHELIN súmase á restauración do Alpinche, mítico vehículo de rallyes, creado por Estanislao Reverter en 1971 cando fusionou a carrocería dun Renault Alpine A110 coa mecánica dun Porsche 911 R conseguindo numerosas vitorias no Campionato de España de Rallyes. E faio cedendo os pneumáticos.
Estanislao Reverter comezou a confiar en MICHELIN no ano 1973, cando o seu amigo Rafael de Louis era o xefe do novo departamento de Competición MICHELIN. O propio Lalao confesaba por que se decidiu a empregar os novos pneumáticos de competición MICHELIN no seu mítico Alpinche: “Precisamente grazas á axuda de MICHELIN modificáronse os ángulos e as caídas de suspensión e o coche mellorou moito permitíndome volver gañar o Rallye Rías Baixas deste ano”.
A partir dese momento, Lalao sempre utilizou os pneumáticos de competición MICHELIN nos seus vehículos de rallyes, tanto no Alpinche como nos seus dous BMW. No ano 1975 retírase como piloto, pero crea o equipo “ Reverter Competición” onde os seus vehículos continúan usando pneumáticos MICHELIN, nos BMW e nos Ford, tanto no Escort que correu o Campionato de Europa de Rallyes como nos Ford Festa que foron a primeiros Festa preparados para a competición no mundo.
A versión do Apinche que está a restaurar a Fundación Estanislao Reverter en Marvic Sport, corresponde aos anos 1974 - 1975 cando xa utilizaba pneumáticos MICHELIN en lamias Targa especialmente fabricadas para el. Por esta razón para continuar coa restauración, era fundamental contar cos seus pneumáticos para poder axustar os ángulos e as caídas da suspensión.
O Alpinche, unha vez restaurado, volverá lucir a publicidade de MICHELIN e calzar pneumáticos clásicos da marca equivalentes aos que utilizaba no ano 1974:

Pneumáticos dianteiros 16/53-13 TB5 F para lamias Targa de 7X13"

Pneumáticos traseiros 20/53-13 TB5 F para lamias Targa de 9X13"

FotografíasGalería fotográfica

Actividades anteriores

24-09-2013

A Fundación Estanislao Reverter na XVI Feira Internacional do Vehículo Clásico Cidade de Oviedo.

19-06-2013

Posto da Fundación Estanislao Reverter na 46 Edición do Rally de Ourense - Ourense Termal.

18-06-2013

A 46 Edición do Rallyee Ourense - Ourense Termal ca Fundación Estanislao Reverter

17-02-2013

A Fundación Estanislao Reverter presente na III Retro Auto&Moto Galicia

15-02-2013

Inauguración da web da fundación

Amigos da Fundación

Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.

Entidades colaboradoras

  • Deputación de Ourense
  • Escudería Ourense
  • Real Federación Española de Automovilismo
  • Federación Galega de Automovilismo
  • La Región

Redes sociais

  • Ségenos en Facebook
  • Agregar a Twitter

Contacto

E-mailfundacion@estanislaoreverter.com

Doazóns á Fundación

Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.

Estanislao Reverter
Ir arriba

© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com