Actividades

14-12-2018

181/10000 Poxa Solidaria, a favor da restauración do Alpinche, das luvas de Sergio Vallejo cos que gañou o Rallye de Ourense de 2009, ano en que se proclamou Campión de España.

Sergio Vallejo proclamouse en 2009 Campión de España de Rallyes de Asfalto, a primeira vez que un galego alcanzaba tal honra.

Con motivo do 42 Rallye de Ourense de 2009, o diario A Rexión organizou un concurso no que o gañador levaría as luvas que usou Sergio Vallejo para gañar o Rallye.

Ahbora, o gañador dese concurso, desexando colaborar coa Fundación Estanislao Reverter na restauración do Alpinche, entregounos estas luvas para que nós poxémolos e consigamos máis fondos para o noso obxectivo.

A poxa das luvas realizarase a través dun evento no Facebook da Fundación Estanislao Reverter. https://www.facebook.com/events/2401000246583477/?active_tab=about

Os interesados poderán ir aumentando a poxa a través de comentarios, partindo dun importe inicial de 100 euros.

O período para participar na poxa será entre o luns 17 de decembro (9.00 horas) e o domingo 23 de decembro (21.00 horas).

O vencedor deberá facer un ingreso ou transferencia bancaria a un número que se lle facilitará e seranlle enviados as luvas a través de mensaxería.

FotografíasGalería fotográfica

Actividades anteriores

26-05-2022

I Encontro de Emprendedores

06-03-2020

Homenaxe a Beny Fernández e a Estanislao Reverter na Retro Galicia 2020

10-02-2019

MICHELIN cede os neumáticos para o Alpinche

18-10-2017

Videoxogo Oficial Alpinche_vr

02-07-2017

Poxa Solidaria das luvas de Cristian García

Amigos da Fundación

Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.

Entidades colaboradoras

  • Deputación de Ourense
  • Escudería Ourense
  • Real Federación Española de Automovilismo
  • Federación Galega de Automovilismo
  • La Región

Redes sociais

  • Ségenos en Facebook
  • Agregar a Twitter

Contacto

E-mailfundacion@estanislaoreverter.com

Doazóns á Fundación

Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.

Estanislao Reverter
Ir arriba

© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com