Fondo documental

Estanislao Reverter Hijo predilecto de la Ciudad de Ourense

Formato: JPG

O deportista, empresario, político e mecenas recibiu as honras do Concello de Ourense con 1.132 adhesións. Estanislao Reverter xa é fillo predilecto da cidade que o viu nacer no ano 1929 e da que sempre presumiu ata o seu falecemento no ano 1991. O pai do automobilismo galego foi nomeado polo Concello de Ourense fillo predilecto a título póstumo. Ademais, tamén acordou que os xardíns situados á beira da Subdelegación de Goberno de Ourense onde está situada a escultura dedicada ao Alpinche, a Antonio Colemán e a el, pasen a chamarse 'Xardíns Estanislao Reverter Sequeiros', colocando unha placa conmemorativa que lembre a figura do ourensán.

Salón Retro&Auto de Galicia 2016

Formato: JPG

Inesquecible fin de semana no Salón Retro&Auto de Galicia celebrado no recinto IFEVI de Vigo. Moitas grazas a todos os que visitastes a nosa caseta, animástesnos a seguir coa restauración do Alpinche

Feliz Navidad y Próspero Año Nuevo

Formato: JPG

Pesame por el accidente del Rallye Cidade da Coruña

Formato: JPG

A Fundación Estanislao Reverter quere dar o seu máis sentido pésame aos familiares dos falecidos no Rally da Coruña e desexar unha pronta recuperación aos feridos. Queremos tamén expresar o noso apoio ao piloto, ao copiloto e aos organizadores da proba nestes difíciles e duros momentos.

Scalextric Mini Reverter Montecarlo 1973. Escala 1:32

Formato: JPG

Scalextric publicou a lista definitiva de modelos a escala 1:32 que vai comercializar este 2015. Este ano contamos cunha sorpresa, a inclusión do Mini preparado por Estanislao Reverter co que correu o Rally de Montecarlo de 1973. Lalao, copilotado por "Ventura" realizaban un bo rally, pero foron eliminados xunto con outros 131 vehículos no tramo de Le Burzet. A causa dun alude quedaron atrapados na saída Le Burzet e a organización do Rally decidiu, en vez de neutralizar o tramo, descualificalos creándose un gran balbordo. Esta sería a última participación de Estanislao Reverter nun Rally de Montecarlo.

Parque cerrado en un Rallye de Ferrol

Formato: JPG

Parque pechado dun Rally de Ferrol. Como vemos, Lalao botando sempre unha man os organizadores. Foto enviada por Jaime Domínguez Blein.

Material documental

Fondo documental

Achegas

Achegas

Quen o desexe pode enviarnos material documental (jpg, pdf..) para publicar na páxina web.

Amigos da Fundación

Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.

Entidades colaboradoras

  • Deputación de Ourense
  • Escudería Ourense
  • Real Federación Española de Automovilismo
  • Federación Galega de Automovilismo
  • La Región

Redes sociais

  • Ségenos en Facebook
  • Agregar a Twitter

Contacto

E-mailfundacion@estanislaoreverter.com

Doazóns á Fundación

Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.

Estanislao Reverter
Ir arriba

© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com