Biografía de Estanislao Reverter

Estanislao Reverter

(Ourense, 1/10/1929 - 3/2/1991)

Estanislao Reverter é, sen dúbida, un dos máis grandes deportistas que deu Galicia durante o século XX. Os seus grandes logros como deportista en activo víronse acompañados polos seus innegables desvelos para conseguir que o automobilismo galego e español alcanzasen as súas máis altas cotas.

Foi dos primeiros pilotos españois que, sen complexo de ningún tipo, se atreveron a saír fóra das nosas fronteiras. Para Estanislao non houbo proba de carácter internacional que o arredrase, abrindo o camiño a posteriores xeracións que, seguindo o seu exemplo, se animaron a cruzar os Pireneos.

A súa primeira participación nunha proba automobilística remóntase ao ano 1955 nun Trofeo Fasa Renault a bordo dun Renault 4/4. Da súa longa traxectoria como piloto caben destacar as súas 54 vitorias absolutas en probas de diferentes especialidades (Rallys, Circuítos e Montaña); as súas 12 participacións no mítico Rally de Montecarlo, onde ía participar como piloto oficial de Rover no ano 1966; e as súas dúas vitorias no Rally de España-RACE, naqueles tempos o máis importante do automobilismo nacional.

Vídeo realizado por Panorámica

Pero non só como piloto brillou Estanislao, "Lalao" para a súa familia e amigos, "O Doutor" para moitos polos seus coñecementos e experiencia. Tamén como organizador, creador do Equipo Ourense e do Rally de Ourense; como promotor de novos talentos (Manuel Sanjurjo, José Pavón, Beny Fernández, Pío Alonso, Pablo de Sousa, Peitos e moitos máis); como preparador, e máis adiante como construtor do ALPINCHE, vehículo co que se impuxo, entre outros, en dúas edicións do Rally Rías Baixas (1972 e 1973), no Criterium Luis de Baviera, ou no Rally Cidade de Oviedo, actual Rally Príncipe de Asturias.

Estanislao Reverter era todo un investigador da mecánica, de tal sorte que colaborou decisivamente coas diferentes marcas coas que competiu no desenvolvemento de todos os vehículos que pilotou. Á parte de ser piloto oficial de Rover, foi tamén piloto oficial de Goggomobil, así como piloto do prestixioso equipo italiano Jolly Club.

Seguiu competindo ata 1975, ano no que venceu nunha nova edición do Criterium Luis de Baviera, a bordo dun BMW 2002 Ti Gr.2. A partir deste ano decidiu centrar todos os seus esforzos en apoiar a Beny Fernández dentro do equipo Reverter Competición, equipo que vería pasar polas súas filas a outros moitos pilotos.

No ano 1986, dun xeito testemuñal e para probar novas suspensións e melloras nun coche do equipo que dirixía, Rede Fiat de Galicia, Estanislao correu unha nova edición do Rally Rías Baixas, unha proba que sempre levou no corazón e coa que sempre colaborou.

Reverter tamén foi moitas máis cousas: Presidente da Federación Galega de Automobilismo, vicepresidente da Federación Española, vogal da Federación Internacional, empresario do automóbil e da construción, deputado nas Cortes de 1977, redactor da nosa Constitución e participou tamén na elaboración do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Loitou polo desenvolvemento da súa provincia e por Galicia levando os seus nomes por España, Portugal, Francia, Mónaco, Alemaña, Polonia e Italia. Dende principios dos anos 60 decoraba os seus coches coas cores da bandeira de Galicia e dende 1977 a bandeira que sería máis tarde oficial nos vehículos que percorrían Europa co seu equipo Reverter Competición.

O seu espírito deportivo, o seu "fair play", a súa axuda desinteresada aos seus opoñentes cando tiñan problemas, foi recompensado en 1965 coa Medalla de Prata ao Mérito Deportivo. Tamén se lle outorgou a título póstumo a Distinción ao Merito Deportivo de Galicia.

Estanislao Reverter foi, indiscutiblemente, o pai do automobilismo galego.

Estanislao Reverter

Galería fotográfica

zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom

Fondo documental

Achegas

Achegas

Quen o desexe pode enviarnos material documental (jpg, pdf..) para publicar na páxina web.

Amigos da Fundación

Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.

Entidades colaboradoras

  • Deputación de Ourense
  • Escudería Ourense
  • Real Federación Española de Automovilismo
  • Federación Galega de Automovilismo
  • La Región

Redes sociais

  • Ségenos en Facebook
  • Agregar a Twitter

Contacto

E-mailfundacion@estanislaoreverter.com

Doazóns á Fundación

Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.

Estanislao Reverter
Ir arriba

© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com